martes, 25 de octubre de 2022

Freixo

 E finalmente estivemos a ver, e estiveron a nos explicar o funcionamento dun dos seus Proxectos,o Proxecto de Comunicación. Hai tres anos que comezou a andar a través do Xornal Dixital Comunica, o traballo é feito todo polo alumnado e trátase dun medio dixital  no que diariamente se mete contido. Cun formato do Word Press, créanse distintas seccións: desde A nossa língua, a Telejornal, Entrevistas, Podcast de Radio ou Teentalks onde o alumnado se reúne ó redor dunha mesa para debater sobre un tema do seu interese. Ademais este proxecto traballa coa Universidade, neste caso coa carreira de Xornalismo ó viren facer o mestrado exalumnas do centro á escola tendo o Xornal como tema de estudo.Unha práctica de lingua ben interesante!!

O Comunica alimenta a Web da Escola e está conectado co Facebook, Instagram ou Twiter.

COMUNICA: Jornal Digital 



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...