miércoles, 30 de noviembre de 2022

pedagoxía positiva

Por quinto ano consecutivo Finlandia encabeza as últimas clasificacións no Ranking Mundial de Felicidade. Como pode ser posible cando semella que hai tantos factores na súa vida diaria desfaborábeis?
O certo é que a sociedade finlandesa é moi positiva, intenta sacar o mellor con aquilo que hai ao seu redor, e iso trasládase tamén á educación. Como o seu propio nome indica, a pedagoxía positiva consiste en centrarse nas fortalezas, naquilo positivo que podamos destacar do progreso do alumndo. Deste xeito, tamén estaremos a traballar a educación emocional. 
Son moitas as actividades propostas no curso, pero imos rescatar unha delas. The icerberg of success. 
O alumnado vai escribir algún pequeno éxito, sexa dentro ou fóra da aula, e dará conta de cales foron as fortalezas que lle fixeron chegar abese éxito. Pode ser tamén un propósito. No meu caso, o meu exemplo era un proxecto futuro que desexo acadar, pero son consciente de que aínda que non teño certas fortalezas, é dicir, non forman parte de min, vou ter que botar man delas para conseguir aquilo que me propoño. 
Particularmente gustoume a idea de traballar sobre as fortalezas, de pensar nós mesmos sobre elas e escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras cales pensna que son as nosas. É un bo xeito de rematar as xornadas escolares coas pilas cargadas e non atender só aos resultados numéricos das probas, senón a ser conscientes de que isto é unha carreira de fondo. 

Estereotipos, Prexuízos e Firenze

Despois do "wrap-up", dedicamos a mañá para falar sobre os estereotipos e os prexuízos. Foi unha sesión curta pero moi interesante que culminou nun conto, unha análise fotográfica e un xogo.

O conto tratou sobre unha moza á que chamamos Abigail, pero cuxo nome puido ser calquera. A traxedia que cambiou a vida desta moza, os personaxes que a afectaron e o feito de que fomos decidindo os nomes destes, serviron para desenvolver unha conversación bastante profunda sobre a proxección e imposición de identidades, os estereotipos e os prexuízos que ás veces temos mesmo sen darnos conta. 

Acto seguido, Isabel dividiunos en equipos e deunos unha imaxe sen ningún tipo de contexto. Cada grupo tivo que analizar a súa imaxe, centrando devandita análise en tres columnas ou categorías: descrición, interpretación e avaliación. Este exercicio serviu para que entendésemos que os estímulos directos cos que nos atopamos cada día e que podemos describir de forma directa son só a base sobre a que os nosos cerebros, a través de procesos naturais de discriminación, constrúe unha realidade ilusoria, proxectando unha serie de expectativas ou significados que nos axudan a entender  o noso sitio no mundo e a relacionarnos coa xente e os obxectos cos que convivimos. 

É así como a imaxe dun home negro plantando árbores nun campo canadense, totalmente divorciada do seu contexto, pódese converter, para os ollos de moitos occidentais, no retrato dun refuxiado africano obrigado a traballar no sector agrícola, ou a dunhas mulleres sicilianas celebrando un festival relixioso nunha foto dunha manifestación reivindicativa en contra da explotación feminina. 

Para acabar a sesión, o grupo tivo que formar unha fila no medio da aula. Isabel, a coordinadora, comezou a ler, detidamente, unha serie de declaracións curtas. Segundo o noso grao de acordo ou desacordo coas devanditas frases, tiñamos que ir desprazándonos cara a un lado ou outro da aula. Logo, pedíusenos que explicásemos a nosa postura sobre o tema da declaración. O resultado foi unha serie de conversacións bastante interesantes e reveladoras sobre nosas propias crenzas e maneiras de mirar á xente, os costumes e a vida en xeral. 

Pola tarde, puidemos gozar dunha visita á próxima Florencia, berce do renacemento.





martes, 29 de noviembre de 2022

Cales son as linguas de Finlandia?

A lingua propia e máis falada no territorio é o finés (Suomi), lingua documentada desde 1548, cando Michael Agrícola traduciu o Novo testamento a esta lingua. Para facelo empregou un sistema fonético, que marcou as pautas do que sería de aí en diante a lingua escrita.  
Porén, existen outras linguas en Finlandia. Dámonos conta diso ao vermos todo escrito en 2 idiomas. Isto débese ao dominio sueco anterior a 1809. A pesar da independencia de Finlandia, o sueco seguíase a ver como lingua de prestixio e da administración. Non foi aténu Ha época máis recente que as dúas linguas conviven, en ocasións de xeito máis xeográfico que individual, e, segundo anconstiticion, é preciso ter coñecendo de ámbalas dúas. 
Porén, se nos desprazamos cara ao norte, máis concretamente a Laponia, os carteis estarán escritos noutra lingua ou dialecto deste idioma, o Sami. Con pouco máis de dous mil habitantes, existe un movemento de recuperación e preservación deste sistema das poboacións indíxenas finlandesas. 
E por último, dámos conta doutras linguas faladas no territorio, aínda que non sexan oficiais: cafelito, estonio, inglés, e ruso, este, unha vez máis, debido á ocupación do territorio por parte do Imperio Ruso até 1917.

A aprendizaxe baseada en proxectos (phenomenon-based-learning)

A aprendizaxe por proxectos é unha das claves do éxito do sistema educativo finlandés, pero, como o levan a cabo para que realmente funcione?
Aínda que no noso país tamén se traballe por proxectos, e mesmo parece que as sucesivas leis educativas están orientadas a que así sexa, son diversas as diferenzas entre un sistema e o outro. Para comezar, en Finlandia a educación por proxectos lévase a cabo desde primaria (7anos) até o último ano de secundaria (18). Canto máis novo é o alumnado, máis horas e máis proxectos se levarán a cabo. Ano a ano, ao aumentar a dificultade dos estudos, vanse aumentando as horas da ensinanza tradicional en detrimento do tempo adicado aos proxectos. Deste xeito, ambos sistemas conviven durante todo o período educativo. 
O Ministerio de Educación mostra modelos e ferramentas prácticas para a realización destes proxectos, mais serán os centros os encargados de escoller os temas, tan amplos como desexen, e coas materias que consideren. Logo será o profesorado quen dea forma a ese proxecto desde as diferentes materias e isto verdade reflectido no horario. Durante as horas adicadas ao proxecto as clases participantes (polo xeral son 2 cursos enteiros, por exemplo 1° e 2°) atópanse na mesma aula ou espazo común xunto con todo o profesorado que toma parte do proxecto. Este profesorado marcará unhas pautas básicas de inicio e posteriormente só pode acompañar o alumnado no proceso pero non indicarlle cal ten que ser o resultado. 
Na miña opinión este sistema funciona porque non son un par de casos illados, senón que a implementación é a nivel nacional. Por outra banda, podería semellar que isto supón unha carga adicional de traballo para o profesorado, porén, é todo o contrario, a figura do docente acompaña e avalía ao alumnado durante o proceso de aprendizaxe. 

A Identidade e a Multilocalidade

Empezamos este día como empezariamos todos, cun "wrap-up", unha especie de resumo creativo que nos permite lembrar a información do día anterior e expresala ou poñela en escena dunha maneira creativa (debuxos, contos, actuacións...), sempre desde o punto de vista particular do pequeno grupo co que traballamos. 

O resto do día dedicámolo á teoría da identidade e a cultura, explorando tres modelos de identidade e as formas nas que a identidade pode ser tanto latente/oculta como manifesta/visible. 







Como actividade práctica, creamos retratos de identidade, outra actividade que me pareceu moi proveitosa para as primeiras semanas do curso. Consistiu en que cada participante debuxase o seu rostro da maneira que cre que a xente o percibe. Logo, ese rostro dividíase en dous. O lado esquerdo debíase pintar e decorar segundo a imaxe exterior, a que se proxecta de fronte ao mundo e a que reflicte nosas propias ideas sobre como a xente nos ve e que opinión ten sobre nós. O lado dereito, porén, debía pintarse e decorarse para reflectir a realidade interna de cada persoa, expresando dalgunha maneira as nosas capas culturais ou o medioambiente psicolóxico que habitamos. 



Para concluír, vimos parte dun TED Talk da escritora Taiye Selasi na que Selasi convídanos a reformularnos a nosa identidade "nacional" ou mesmo "multinacional" baseada nun concepto de nación ou estado soberano que realmente só existe desde fai moi pouco e que reflicte unha realidade inventada na que as nacións/países/estados funcionan - do mesmo xeito que as corporacións - como entes/axentes. Segundo Selasi, a vida e a identidade baséanse nas experiencias e toda experiencia é local, polo que debemos pensarnos como entes locais en procesos de intercambio e interacción con outros entes locais.

De forma individual e tomando os conceptos de Selasi como punto de partida, cada persoa escribiu sobre os rituais, as relacións e as restricións que, a nivel local, funcionan como as fontes da nosa identidade. Logo, compartimos algo desta información co grupo.







lunes, 28 de noviembre de 2022

Diversidade de Necesidades, o Primeiro Paso

Neste primeiro día do curso, empezamos cunha actividade de achegamento para que os membros do grupo que chegaron tarde tivesen a oportunidade de integrarse. Esta actividade tamén serviu para establecer o rumbo do curso en si, prestando a cada persoa a oportunidade de autodefinirse e darse a coñecer nos seus propios termos.

A actividade consistiu en crear un círculo de memoria. Cada persoa tivo de dicir o seu nome, un adxectivo que empezase coa mesma letra do nome de pila e facer un movemento particular que lle definise dalgunha maneira. Logo, as persoas que seguían tiñan que facer o mesmo e lembrar a información de todas as persoas que lle precederon.

De aí, pasamos á avaliación das necesidades e expectativas de cada persoa coa creación dunha árbore de expectativas. Isabel, a coordinadora do grupo, debuxou unha gran árbore na lousa e deu a cada persoa tres post-it de cores distintas para que cada quen puxese o que esperaba conseguir do curso, o que pensaba que podía achegar e tamén o que máis temía. 

Esta actividade pareceume moi proveitosa para as primeiras semanas do curso, porque, aínda que pode intimidar un pouco permitirse ser vulnerable e expresar temores, dá a sensación a cada persoa de que se lles ve e de que as súas necesidades e punto de vista serán tomados en conta.

Acabamos o primeiro día cun repaso da metodolgía xeral e con dúas últimas actividades moi interesantes.

Na primeira, formamos grupos pequenos para compartir entre nós información sobre a experiencia educativa nos nosos países, enfocándonos en tres categorías: as metodoloxías predominantes que guían o traballo en aula, os desafíos asociados coa diversidade do alumnado e a conexión entre os nosos centros e a comunidade que os rodea. Foi aquí que todos comezamos a entender que, a pesar das nosas diferenzas e particularidades culturais, vivimos experiencias e desafíos moi similares, pero tamén que as nosas formas de lidar con eses desafíos poden ser moi distintas.


Na última actividade, participamos nun padlet de diversidade. Coa aplicación de padlet, que permite crear un mapa interactivo, cada persoa puido sinalar tres ou catro sitios que lle definen dalgunha maneira: o lugar onde nacemos, onde traballamos, etc. Ademais de ser unha forma amena de acabar o día, esta actividade mostrounos a verdadeira riqueza que albergaba esa pequena aula, con experiencias e historias que ían desde E.E.U.U. ata Sudáfrica ou Mozambique. 



O segredo da educación finlandesa

Aínda que o curso que se desenvolve durante esta semana (28novembro-4decembro), leve por título "The secret of finish education", xa estamos advertidos/as desde a primeira sesión: "Non existe ningún segredo, ningún código máxico que se poda tomar e exportar a outros sistemas con éxito". É, por tanto, un cúmulo de factores. 
O primeiro deles é o contexto, a sociedade onde se insiren estas medidas educativas. 
A sociedade finlandesa está construída sobre a CONFIANZA, e isto vese reflectido no propio sistema educativo. Existe unha confianza cara ao profesorado e a súa toma de decisións, mais tamén cara ao estudante, animándoo/a a desenvolver a súa AUTONOMÍA.

A isto hai que engadir o valor que lle confiren á RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS, é dicir, non importa tanto o coñecemento de información, senón como as persoas se desenvolven en diferentes situacións. E digo ben, "persoas" en lugar de nenos/as, xa que desde ben pequenos/as acadan tal grao de autonomía que son tratados como pequenos adultos. 
Por último, sinalar outro factor do que pouco ou nada podemos facer desde os institutos, o factor ECONÓMICO. O investimento en educación é notable, e non só nas instalacións e no equipamento, senón tamén no número de docentes por alumno/a, o que afecta á RATIO de cada aula.

Non está nada mal para ser o primeiro día! Deunos moito en que pensar ata a sesión de mañá, onde, alén de clase poderemos gozar dunha pequena visita pola cidade!

martes, 15 de noviembre de 2022

PALERMO. Creatividade e pensamento crítico.



Creatividade e pensamento crítico aplicado na aula.

 PALERMO 5/11/2022-13/11/2022

Sobrevoando os Alpes

Escala en Milán.


PRIMEIROS DÍAS:

No curso participamos catro docentes, Ana de Boiro ( profesora de bioloxía), María  de Santiago, (profesora de galego,) Karina de Letonia, profesora de inglés e máis eu, Rebeca de Ourense, (profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual).


Palermo foi a cidade de encontro, unha cidade da rexión de Sicilia , no sur de Italia, con moita historia, historia que descubrimos cada día grazas a Daria e a Anna, as nosas profesoras que nos ensinaron con moito entusiasmo a sua perspectiva da cidade ,Daria é siciliana, do sur da illa, concretamente de Agrigento e Anna, bielorrusa, leva 4 anos en Palermo . Dous polos opostos pero moi enriquecedores.
 
O primero día fixemos un tour para familiarizarnos ca cidade,  visitamos a Catedral de Palermo de forte estilo oriental debido principalmente ao seu patio interior cheo de palmeiras. A patrona de Palermo é Santa Rosalía, santa a que está adicada a catedral. En xullo de 2015, o conxunto «Palermo árabe-normando e as catedrais de Cefalú e Monreale» foi incluído na lista do patrimonio da Humanidade pola Unesco.Unha verdadeira marabilla. Palermo é unha cidade fascinante, chea de contrastes é unha xoia cuberta do po da historia, das desgrazas que reportaron os desastres naturais en forma de terremotos, e do lastre que provocaron a especulación inmobiliaria, a miseria e o paro ou os crimes da mafia. Ao final se obviamos estes apuntamentos que non explican a totalidade da realidade palermitana, atoparémonos cunha asombrosa cidade, repleta de pedras con historia, unha amálgama de retales que forman o gran quebracabezas  que é a cidade.

Qué traemos na nosa mochilas? Qué medos? Qué podemos aportar? Qué expectativas traemos?

Esta foi a primera tarefa que Anna  própuxonos para ter un punto de partida. Debuxamos a nosa mochila e comezamos a activar a nosa creatividade. 🧠 🖌 

Qué cualidades ten que ter o profesor ideal?

As tarjetas Dixit axudaron a por en imaxes os nosos dicursos, ferramenta moi util para as nosas clases. Todas imos a nacernos con elas. Qué ilustración mais bonitas! E que fácil é así ilustrar as cosas emocións.

O segundo día fixemos outra visita por Palermo, visitando outra parte da cidade e descubrindo o interior de lugares que deixáronnos ca boca aberta.


Porta Nuova, unha das entradas da cidade .


Montreale. Espectacular.


Catro Canti. Lugar de confluencia de varios distritos de Palermo onde puidemos comprobar a importancia que deixaron os españois na historia de Sicilia.

As actividades que Anna preparou para esta sesión estiveron repletas de relacións entre palabras, imaxes , preguntas. Canto aprendemos ese día! Ademais o ambiente entre nós foi magnífico o que permitiu aprender moito mais. Estou segura que todo esto levareino a aula.😀



 
Como podes unir eses oito puntos solamente utilizando catro liñas rectas, a solución foi clara, sae da túa zona de confort! Pensa fora da caixa! Qué magnífica metáfora.




O día rematou con un aperitivo. O aperitivo en Italia non é o mesmo que en España. " A apericena" como o seu nome indica é despois do traballo pola tarde e cunha bebida compartes típica comida italiana  Un momento magnífico para seguir pondo en común tantas experiencias. 😍 Gracias Daria por descubrirnos a marabillosa lingua que é o siciliano. 

Nas aforas da Cidade de Palermo está outra xoia que é a pequena vila de Montreale. Patrimonio da Humanidade deixounos sen palabras, sobre todo a subida en autobús, como conducen estos sicilianos!😅




Aprendemos varias novas metodoloxías onde aplicar esa fonte inagotable
 que é a creatividade. Neste momento estou explicando como o podería aplicar na miña materia. Creo que eles gustou o enfoque. 


Debuxando, escribindo, e sobre todo compartindo.











Estes crucigramas axudáronnos a repasar conceptos anteriores. Ferramentas mais lúdicas para aprender.



Para qué pode servir un clip? Nos fixemos unha colección de xoieria pero as posibilidades son infinitas.






Os seis sombreiros de pensamento. Actividade foi completa que fai adoptar un papel nun grupo para solventar un proxecto cooperativo. Sen dúbida esto será unha gran ferramenta para o alumnado.

Ana e María explicando como é o seu intituto de Boiro, qué cousas mais interesantes fan!💖



En Cefalú rematando un día inolvidable






As nosa gratitudes por tanto compartido.💝






























Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...