viernes, 27 de mayo de 2022

Óbidos

 Finalmente despedímonos das Coordinadora do proxecto Erasmus, deixando tendidas pontes para podermos traballar xuntas.


 

Óbidos

 O último día asistimos á Xornada de Emprendemento organizada polo Departamento de Orientación, onde empresarios e empresarias da zona, algún antigo alumno, expoñían as súas experiencias.Presentadas polo Director e polas psicólogas






 

jueves, 26 de mayo de 2022

Óbidos

 E voltamos ás clases de castelán no 7º e 8º ano, os nosos 1 e 2º ESO,coa profesora Lourdes Elói, de novo presentando o noso instituto. Finalmente rematamos a xornada coa profesora Teresa Salgueiro e a asignatura: Português língua não materna, para ver como fan a inclusión do alumnado estranxeiro, con 4 horas á semana cun profesor/a atendendo de forma individual ó alumno.



 

Óbidos

 O xoves pola mañá fomos á xornada organizada polo Concello de Óbidos: Activa Óbidos, o alumnado da Escola Josefa de Óbidos tiña cabida nela a través do deporte adaptado: Boccia, do que, segundo sabemos da nosa profesora Puy, en Ourense houbo un campión do mundo, Antonio Cid. 

 






Óbidos

 Para rematar as clases, asistimos á materia de castelán do 7º ano coa profesora Lourdes Elói, presentamos a nosa escola e o sistema educativo que temos, diferente do portugués.



miércoles, 25 de mayo de 2022

Óbidos

 E por último , a Biblioteca verde, un espazo cheo de plantas é un espazo máis acolledor e que ademais debemos coidar.



 

Óbidos

 Na Biblioteca fan tamén proxectos en conxunto co Concello de Óbidos ou outras asociacións, un deles o Festival do Mar que consistiu nunha xornada de limpeza das praias e varias na biblioteca de usar ese refugallo recollido como material para crear distintas figuras ou composicións.




 

Óbidos

 Já estamos na terça-feira! E hoxe o día foi menos intenso, as clases foron só de mañá e tivemos tempo para aprofundar no funcionamento da Escola de Óbidos así como no modelo de biblioteca que teñen, o profesor Luis, xa nos propuxo colaborar para o próximo ano. A Biblioteca é levaba tamén por persoal don docente, Fernanda, e por unha profesora xa case xubilada, Isabel que hoxe estaba a preparar a Festa da espiga: un rito pagán que consiste en recoller distintas herbas e flores para facer un ramiño que nos garantirá unha boa colleita.







 

martes, 24 de mayo de 2022

Óbidos

 A inclusión na Escola Josefa de Óbidos dos Arcos é real como o profesorado di, e por iso, teñen cabida tamén para alumnao con "multideficiencias" e unha sala para traballar a psicomotricidade que está a disposición das familias e aberta ata as 7 da tarde. Unha terapeuta indica os exercicios que deben de traballar. 



 

Óbidos

 Finalmente, pola tarde asistimos ás clases da profesora Margarida Freitas de Língua Portuguesa não materna, neste caso na Biblioteca, a profesora impartía clases a alumnado ucraniano, en todo o municipio acolléronse a 16 rapaces e rapazas de distintas idades que teñen 3 horas de lingua portuguesa á semana. O Ministerio de educación, por petición dos centros enviou un profesorado para facer este labor, neste caso, a profesora Margarida  desenvolve o seu traballo en 3 centros do municipio.



 

 

Óbidos

 Unha figura nova para nós na Escola, e que non hai en todas, é a artista que coordina o ATELIER, no centro teñen o ensino secundario de artes, e Elisabeth Rocha propón proxectos multidisciplinarios relacionados coa arte, dende arte e deporte na  educación pola arte, ou o proxecto Kinesis do municipio de Óbidos que xuntou a artistas consagrados, alumnado da Escola e alumnado do Conservatorio. Algo nos lembra o traballo deste Atelier ó que se fai no noso centro, os Musicalise o grupo de teatro.

Light Painting

Projeto Kinesis

Óbidos

 Despois continuamos coa Técnica Social, Fernanda de Portugal co programa TVA (Trabalho para a vida adulta). Aquel alumnado que ten dificultades intelectuais e acada os 16 anos, ben se encamiña cara un Ciclo profesional de 3 anos, ben se deriva cara este programa. Aquí o currículo desaparece ata o punto de ser adaptado totalmente ás necesidades individuais de cada alumno. Os martes e os mércores veñen á escola e o resto dos días búscanselle empresas onde facer prácticas.  Trabállanse os comportamentos, aprender a saber estar, a respectar as normas e as esixencias do traballo que desenvolven. Hoxe estaban a completar un portfolio para facer un seguimento do seu traballo





 

Óbidos

 O martes 24 comezamos coas clases da profesora Claudia, Língua portuguesa não materna, neste caso dúas sesións



cuns alumnos que viñeron de Suíza. Óbidos é un sitio que recibe moito alumnado foráneo: franceses, ingleses, alemáns...Que en moitos casos pasan un tempo e logo marchan. A novidade para nós é que estes alumnos despois do 9º ano (3ºESO) deben de pasar unhas probas lingüísticas que marca o Ministerio para poderen seguir cos seus estudos

lunes, 23 de mayo de 2022

Óbidos

E final da xornada cunha reunión coa Coordinadora de "ensinanzas especiais" para programar o que faremos a partir de mañá. Mais fóra da Escola tamén é necesario irmos coñecendo a vila, os seus recunchos e as súas particularidades. 

Até amanhã!

 

 

 








 

Óbidos

 Contan con varios proxectos interdisciplinarios, entre eles o que hoxe puidemos ver: 

MEXER PARA APRENDER

A través das clases de educación física e en colaboración coa profesora de apoio, Maria Henriques, planifícanse as aulas para o  alumnado con varias dificultades. Adáptase totalmente o currículo e fíxanse obxectivos. A aula de hoxe traballaba a psicomotricidade, a concentración e as áreas e figuras xeométricas de matemáticas a través dun xogo popular. 






Óbidos

 Debido á situación bélica entre Rusia e Ucraína, na Escola foron acollidos 16 alumnos e alumnas,e rotuouse o centro cos nomes en ucraíno. Para eles veu un profesor de apoio para a integración lingüística. 

Dentro das instalacións hai un departamento de psicoloxía e orientación que conta con 4 profesionais, ademais do profesorado de "ensino especial" as nosas e os nosos PT.



 


Óbidos

 Algo que descata no centro é a concienciación coa reciclaxe, en todas as aulas hai  contentores para poder separar o lixo.

 
E a  presenza da literatura e neste caso, da poesía, utilizada tamén como reclamo turístico na vila
 
Hai unha semana que recibiron a alumnado de varias nacionalidades: ingleses, austríacos...E no centro ten cabida tamén a aula do Club Erasmus onde o alumnado que vai de intercambio fai diferentes actividades, reúnense sempre no recreo do mediodía.

 






Óbidos

 A Biblioteca é ampla e un espazo onde pode quedar o alumnado no caso de que un profesor ou profesora falte (non está todo o período lectivo cuberto con gardas) ou onde poden tamén permanecer despois de rematado o período lectivo (dende as 8.30 da mañá ata as 17,45 da tarde). Neste espazo traballa o "professor bibliotecário", cunha xornada de clases moi reducida e unha persoa "funcionária", persoal laboral para garantizar que permanece aberta sempre.



Óbidos

 Despois da recepción visita ás instalacións do centro: a escola de secundaria e a de primaria tamén, son edificios novos, de 9 anos que teñen unhas aulas amplas e luminosas. 

O salón de actos, a aula de proxectos audiovisuais, a aula de "multideficiencias" onde está o alumnado con discapacidades (algunhas horas, xa que tamén comparte aula coa clase de referencia nalgunhas materias), a aula da asociaciación de estudantes (onde se xuntan os e as representantes do alumnado), as aulas de ciclos profesionais, neste caso é o ciclo profesional de cociña. En Portugal o ensino obrigatorio é ata os 18 anos e ós 15 poden derivarse cara ciclos profesionais onde a maioría das materias son prácticas, teñen só materias básicas como lingua , matemáticas e in

 


 

 


 











Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...