No caso das Matemáticas, trátase dunha materia que teñen que cursar todos os alumnos e alumnas, inda que logo tamén existen as Matemáticas avanzadas para o alumnado de Ciencias. Son moi distintas das nosas Matemáticas aplicadas e céntranse en ideas de Xeometría (Trigonometría e Xeometría analítica), Números (Cálculo e Teoría de números) e Estatística e Combinatoria. E traballan principalmente o fixar ideas e conceptos básicos como por exemplo, nunha das clases ás que asistimos: as taxas de crecemento ou decrecemento das funcións exponenciais, a súa non linealidade, valores iniciais ou cálculos directos e inversos. Ademais, tamén me chamou a atención neste nivel, da realización de experimentos simples cos que afianzar a visualización do que é o comportamento exponencial.
Cómpre finalmente sinalar que os currículos das materias se actualizaron non hai moito e que, por exemplo en Matemáticas, dinnos que se pide un nivel bastante inferior ao que se pedía non hai moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario