Mostrando entradas con la etiqueta Helsinki. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Helsinki. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de noviembre de 2022

pedagoxía positiva

Por quinto ano consecutivo Finlandia encabeza as últimas clasificacións no Ranking Mundial de Felicidade. Como pode ser posible cando semella que hai tantos factores na súa vida diaria desfaborábeis?
O certo é que a sociedade finlandesa é moi positiva, intenta sacar o mellor con aquilo que hai ao seu redor, e iso trasládase tamén á educación. Como o seu propio nome indica, a pedagoxía positiva consiste en centrarse nas fortalezas, naquilo positivo que podamos destacar do progreso do alumndo. Deste xeito, tamén estaremos a traballar a educación emocional. 
Son moitas as actividades propostas no curso, pero imos rescatar unha delas. The icerberg of success. 
O alumnado vai escribir algún pequeno éxito, sexa dentro ou fóra da aula, e dará conta de cales foron as fortalezas que lle fixeron chegar abese éxito. Pode ser tamén un propósito. No meu caso, o meu exemplo era un proxecto futuro que desexo acadar, pero son consciente de que aínda que non teño certas fortalezas, é dicir, non forman parte de min, vou ter que botar man delas para conseguir aquilo que me propoño. 
Particularmente gustoume a idea de traballar sobre as fortalezas, de pensar nós mesmos sobre elas e escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras cales pensna que son as nosas. É un bo xeito de rematar as xornadas escolares coas pilas cargadas e non atender só aos resultados numéricos das probas, senón a ser conscientes de que isto é unha carreira de fondo. 

martes, 29 de noviembre de 2022

Cales son as linguas de Finlandia?

A lingua propia e máis falada no territorio é o finés (Suomi), lingua documentada desde 1548, cando Michael Agrícola traduciu o Novo testamento a esta lingua. Para facelo empregou un sistema fonético, que marcou as pautas do que sería de aí en diante a lingua escrita.  
Porén, existen outras linguas en Finlandia. Dámonos conta diso ao vermos todo escrito en 2 idiomas. Isto débese ao dominio sueco anterior a 1809. A pesar da independencia de Finlandia, o sueco seguíase a ver como lingua de prestixio e da administración. Non foi aténu Ha época máis recente que as dúas linguas conviven, en ocasións de xeito máis xeográfico que individual, e, segundo anconstiticion, é preciso ter coñecendo de ámbalas dúas. 
Porén, se nos desprazamos cara ao norte, máis concretamente a Laponia, os carteis estarán escritos noutra lingua ou dialecto deste idioma, o Sami. Con pouco máis de dous mil habitantes, existe un movemento de recuperación e preservación deste sistema das poboacións indíxenas finlandesas. 
E por último, dámos conta doutras linguas faladas no territorio, aínda que non sexan oficiais: cafelito, estonio, inglés, e ruso, este, unha vez máis, debido á ocupación do territorio por parte do Imperio Ruso até 1917.

A aprendizaxe baseada en proxectos (phenomenon-based-learning)

A aprendizaxe por proxectos é unha das claves do éxito do sistema educativo finlandés, pero, como o levan a cabo para que realmente funcione?
Aínda que no noso país tamén se traballe por proxectos, e mesmo parece que as sucesivas leis educativas están orientadas a que así sexa, son diversas as diferenzas entre un sistema e o outro. Para comezar, en Finlandia a educación por proxectos lévase a cabo desde primaria (7anos) até o último ano de secundaria (18). Canto máis novo é o alumnado, máis horas e máis proxectos se levarán a cabo. Ano a ano, ao aumentar a dificultade dos estudos, vanse aumentando as horas da ensinanza tradicional en detrimento do tempo adicado aos proxectos. Deste xeito, ambos sistemas conviven durante todo o período educativo. 
O Ministerio de Educación mostra modelos e ferramentas prácticas para a realización destes proxectos, mais serán os centros os encargados de escoller os temas, tan amplos como desexen, e coas materias que consideren. Logo será o profesorado quen dea forma a ese proxecto desde as diferentes materias e isto verdade reflectido no horario. Durante as horas adicadas ao proxecto as clases participantes (polo xeral son 2 cursos enteiros, por exemplo 1° e 2°) atópanse na mesma aula ou espazo común xunto con todo o profesorado que toma parte do proxecto. Este profesorado marcará unhas pautas básicas de inicio e posteriormente só pode acompañar o alumnado no proceso pero non indicarlle cal ten que ser o resultado. 
Na miña opinión este sistema funciona porque non son un par de casos illados, senón que a implementación é a nivel nacional. Por outra banda, podería semellar que isto supón unha carga adicional de traballo para o profesorado, porén, é todo o contrario, a figura do docente acompaña e avalía ao alumnado durante o proceso de aprendizaxe. 

lunes, 28 de noviembre de 2022

O segredo da educación finlandesa

Aínda que o curso que se desenvolve durante esta semana (28novembro-4decembro), leve por título "The secret of finish education", xa estamos advertidos/as desde a primeira sesión: "Non existe ningún segredo, ningún código máxico que se poda tomar e exportar a outros sistemas con éxito". É, por tanto, un cúmulo de factores. 
O primeiro deles é o contexto, a sociedade onde se insiren estas medidas educativas. 
A sociedade finlandesa está construída sobre a CONFIANZA, e isto vese reflectido no propio sistema educativo. Existe unha confianza cara ao profesorado e a súa toma de decisións, mais tamén cara ao estudante, animándoo/a a desenvolver a súa AUTONOMÍA.

A isto hai que engadir o valor que lle confiren á RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS, é dicir, non importa tanto o coñecemento de información, senón como as persoas se desenvolven en diferentes situacións. E digo ben, "persoas" en lugar de nenos/as, xa que desde ben pequenos/as acadan tal grao de autonomía que son tratados como pequenos adultos. 
Por último, sinalar outro factor do que pouco ou nada podemos facer desde os institutos, o factor ECONÓMICO. O investimento en educación é notable, e non só nas instalacións e no equipamento, senón tamén no número de docentes por alumno/a, o que afecta á RATIO de cada aula.

Non está nada mal para ser o primeiro día! Deunos moito en que pensar ata a sesión de mañá, onde, alén de clase poderemos gozar dunha pequena visita pola cidade!

Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...