Mostrando entradas con la etiqueta Budapest. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Budapest. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de diciembre de 2022

Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De feito, como nos dixo a directora, é moi importante para ela que o alumnado se habitue ao grupo e que adquira as habilidades propias dunha grande autonomía.
No caso das Matemáticas, trátase dunha materia que teñen que cursar todos os alumnos e alumnas, inda que logo tamén existen as Matemáticas avanzadas para o alumnado de Ciencias. Son moi distintas das nosas Matemáticas aplicadas e céntranse en ideas de Xeometría (Trigonometría e Xeometría analítica), Números (Cálculo e Teoría de números) e Estatística e Combinatoria. E traballan principalmente o fixar ideas e conceptos básicos como por exemplo, nunha das clases ás que asistimos: as taxas de crecemento ou decrecemento das funcións exponenciais, a súa non linealidade, valores iniciais ou cálculos directos e inversos. Ademais, tamén me chamou a atención neste nivel, da realización de experimentos simples cos que afianzar a visualización do que é o comportamento exponencial.
Cómpre finalmente sinalar que os currículos das materias se actualizaron non hai moito e que, por exemplo en Matemáticas, dinnos que se pide un nivel bastante inferior ao que se pedía non hai moito.

viernes, 9 de diciembre de 2022

Clases de inglés nun día complexo

A pesares de ser un día de folga, no que tanto profesores como moitos dos alumnos non asistiron ás aulas, tivemos a sorte de presenciar unhas clases dunha das profesoras de lingua inglesa. En ningunha das aulas o número de alumnos era maior de 13 e, se algo cabe destacar desde día, son dous conceptos que nos axudan a seguir afondando nas claves do éxito da aprendizaxe de linguas neste país: a aprendizaxe autónoma e o dinamismo.
Os rapaces traballan ao seu propio ritmo, no que eles consideran que precisan máis e a profesora únicamente revisa e asiste cando llo piden. 
As explicacións máis gramaticais son dadas seguindo un método máis ben deductivo, e recórrese ao libro únicamente para exercicios puntuais. 
Nunha hora escasa de clase, pois aquí son periodos de 40/45 minutos, puidemos ver como se fixeron, polo menos, 7 actividades distintas, ningunha de máis de 15 minutos de duración e moitas delas basadas na oralidade. 
Coido que os rapaces saben ben que para acadar o nivel que se lles pide, teñen que traballar pola súa conta. Da gusto escoitalos falare traballar tan ben!

jueves, 8 de diciembre de 2022

Situacion complicada no ensino en Hungría.

Hoxe foi un día de folga no ensino en Hungría. Polo que nos conta a xente as cousas non están sendo doadas por aquí. Falan de salarios de 500€ que non dan para vivir. E tamén dunha interferencia do goberno do que se ten que ensinar e o que non que xa acadou límites preocupantes.
As protestas xa levan tempo sucedéndose e fálannos de que se teñen producido despidos e ameazas.
Nesta situación, os colexios están tendo dificultades para atopar ou reter profesorado. Todo o que pode atopar outra opción estase marchando. Son profesionais de valía e cunha formación moi importante, que son ben recibidos en xeral. Moitos xente nova que atopa opcións no extranxeiro.
Na imaxe, notas de apoio do alumnado ao profesorado no noso instituto ao que viñemos. Aquí tamén se teñen producido despidos recentemente.

miércoles, 7 de diciembre de 2022

Hungría Bilingüe

Hoxe no instituto seguimos a buscar as claves do éxito da aprendizaxe de idiomas na cidade húngara. Asistimos a dúas clases de inglés de diferentes niveis, de rapaces de 14 e 15 anos. O primeiro que nos chama a atención é que a profesora nos explica que hai dous niveis diferenciado e que algúns deses nenos teñen un nivel bastante baixo en inglés. Cal é a miña sorpresa cando vexo que ese nivel baixo equivale a unha fluidez que facía tempo non escoitaba en rapaces de esa idade. Observo con máis atención a clase e chego á seguinte conclusión. Hay tres conceptos que se me veñen á mente cando penso en por qué estes nenos acadan semellante nivel de fluidez sendo tan novos:
1. Grupos reducidos (ninguhha clase supera os 13 alumnos)
2. Oralidade
3. Dinamismo

Os nenos participan durante toda a hora nun debate en torno ao tema das viaxes nunha clase, e na outra mesmo representan un xuízo entre eles sobre casos moralmente complicados, como é a eutanasia. Interveñen de maneira ordenada, sen interromperse e sen medo a equivocarse. 
Ao final, as aulas son lugares nos que se sinten seguros, sen medo a ser xulgados ou castigados. 

martes, 6 de diciembre de 2022

Alumnado autónomo e teléfonos castigados

De novo chamoume a atención o alto grao de autonomía que mostra o alumnado. Hoxe con alumnos e alumnas do último curso do "Bacharelato bilingüe" (uns 18 anos de idade). Nunha clase de "informática" foron suficientes unhas poucas palabras sobre un novo programa a usar (Google sites) para que se puxeran xa a traballar xa inmediatamente con el. Como mostra, na imaxe, todo o que nesa hora a alumna escribíu no encerado.
Casualmente, tamén me chamou a atención esa especie de bolsiñas bermellas que aparecen á esquerda. Polas datas nas que nos atopamos, calquera podería pensar que son para que algún ser máxico (ou non tan máxico) deixe agasallos para todos e todas. Pero non. Aí é onde hai que deixar os teléfonos cando se usan de maneira inadecuada. Castigados ata polo menos o final da hora.

Xogar para aprender

Cal é un dos motivos polos que os rapaces húngaros acaban bacharelato cun bo dominio do inglés?
A clave parece estar nun dos seus lemas "Play to Learn". Hoxe asistimos a una charla dun dos profesores de inglés máis destacados non só da cidade, senón do país. Explicounos as razóns do que para nós aínda nos parece unha utopía. Un dos motivos polos que os rapaces rematan o seu periodo escolar falando inglés é que nesta escola non teñen dous anos de bacharelato, senón que teñen tres. No primeiro deses tres anos os rapaces adican todo o curso a una especie de inmersión lingüística na que teñen aproximadamente 8 horas da semana dedicadas ao alemán, 12 horas de inglés, 5 de educación física e despois unhas poucas máis repartidas entre matemáticas historia húngaro e IT. É despois cando pasan a facer un bacharelato normal.
 Outra das claves do éxito lingüístico de Hungría é a aplicación dun sistema basado na gamificacion, non só á hora de traballar na aula, senón tamén á hora de avaliar. As claves deste sistema consisten en non utilizar exames e notas como tales, senón na obtención de puntos que mais tarde pasan a ser notas, na consecución de obxectivos por períodos de tempo, na autocrítica e no feedback estudante-profesor. 
Unha das cousas que se conseguen así é que o alumnado esté motivado e teña ganas de aprender por sí mesmo, ao seu ritmo. Unha queda pensando se este sistema sería aplicable no noso país, onde as ratios son bastante máis elevadas que aquí.

lunes, 5 de diciembre de 2022

Nunha aula de IT

Asistimos hoxe a unha clase de IT (debe ser algo así como informática e tecnoloxía). A profesora ía dando instrucións do que había que conseguir, sen chegar a entrar ao detalle, e o alumnado intentábao conseguir, cada un co seu dispositivo.
Chamounos a atención a autonomía coa que se desenvolvían a maioría, trabajando cada un no seu proxecto. Tamén houbo un par de casos nos que se fixo necesaria unha chamada á orde, pero en ningún caso houbo un seguimento deste grupiño polo resto do alumnado.
A idade dos alumnos e alumnas situábase no entorno dos 15 anos e a clase desenvolveuse integramente en inglés, incluídas a chamadas de atención. Porén, é de notar que este é o primeiro curso do "Bacharelato bilingüe" e que as instrucións que se daban eran en xeral moi simples, así como o vocabulario utilizado, moi propio das novas tecnoloxías e moi xeral en todas as linguas. Como nos dixeron, neste primeiro curso a prioridade é que o alumnado domine correctamente o idioma, antes de entrar en materia que requira dunha linguaxe e un vocabulario máis complexos.

Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...