jueves, 8 de diciembre de 2022

Historias para non durmir

Hoxe o día comeza amosándonos un gran agasallo. A neve deunos a benvida.


Dende a clase podíamos observar como a nevé ía caendo mentras exercitábamos o speak performance con Taiga, de orixe xaponés. Unha clase moi amena e realmente aproveitada, onde poidemos correxir os nosos erros de pronunciación das diferentes palabras inglesas. Mágoa que xa sexa o penúltimo día!!!


Despois do lunch, houbo unha magnífica opción...  Xogamos? Na escola de Inlingua hai números xogos de mesa. A profesora, Mandy elixiu de entre todos o Scrabble, Story cubes e Trivial. Pasamos un rato divertido con xente de outras nacionalidades e, grazas a iso, pudimos practicar o aprendido das clases anteriores.




Agora sí, historias xa non durmir!!!!


A verdade, é que hai poucos lugares no mundo tan cheos lendas como Edimburgo. Os cementerios de Edimburgo soen ter duas caras. Polo día, os espazos axardinados e verdes nos que a natureza se funde coa tristeza das lápidas e onde pasear é un placer cheo de paz. De noite, coas sombras e a oscuridade se tinge de misterio, e non é de extrañar que haxa tantas lendas e historias paranormales sobre eles. 


O Mausoleo Negro, a tumba de George Mackenzie, popularmente coñecido como “Bloody Mackenzie". Foi a persoa que máis perseguiu aos covenanters, os membros dun movemento relixioso popular na escocia do século XVII. Dícese que o lugar está embruxado e que o seu poltergeist ataca aos visitantes. 


Xusto ao lado está a prisión onde os Covenanters foron encarcelados. E onde moitos morreron.
 


A maxia deste cementerio non remata aquí! O certo é que aquí encontrarás tumbas como a do poeta apelidado MacGonagall Ou a de “Thomas Riddell”, inspiración que deu vida aos personajes de J.K. Rowlin.
Ademáis de todo isto, o lugar está cheo de lápidas con todo tipo de símbolos como son “mortsafes”, gaiolas  de ferro sobre as tumbas que se pudieron de moda no século XIX para evitar os roubos de cadáveres.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...