viernes, 9 de diciembre de 2022

Last day!

 

Venres, 9 de decembro de 2022



Hoxe é o noso último día nesta cidade aprendendo a súa lingua e cultura. Unha das principais cousas que nos levamos destes días foi coñecer xente de diferentes continentes e países, aprender cousas da súa cultura e a importancia de poder comunicarnos con eles e elas. Dende Guatemala ou Chile ata Ucraína, pasando por Arabia Saudí, Burgos ou Cádiz, todos aportamos un pouco aos demais e compartímolo grazas ao idioma que temos en común, o inglés. Posiblemente non sexa o inglés máis correcto pero estamos aprendendo e podemos empregalo para comunicarnos. 


Edimburgo, inspiración de historias máxicas?

Escocia é un país cunha gran cultura e berce de grandes historias reais e de ficción. Unha destas historias é a de Harry Potter xa que se cre que en Edinburgh J.K. Rowling escribiu estes libros. Un dos cementerios históricos, o de Greyfriars, ten lápidas con nomes que aparecen na saga coma por exemplo a de Tom Riddle ou do poeta William McGonagall. A escola ao carón deste cementerio, George Heriot, foi inspiración para a escola de maxia de Hogwarts e Victoria Street ten gran parecido co Callejón Diagon!

Unha das curiosidades é que na Universidade de Edimburgo hai unha ceremonia de graduación na que os alumnos reciben un toque cun sombreiro histórico, será… O sombreiro seleccionador das casas de Hogwarts?





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...