Despois continuamos coa Técnica Social, Fernanda de Portugal co programa TVA (Trabalho para a vida adulta). Aquel alumnado que ten dificultades intelectuais e acada os 16 anos, ben se encamiña cara un Ciclo profesional de 3 anos, ben se deriva cara este programa. Aquí o currículo desaparece ata o punto de ser adaptado totalmente ás necesidades individuais de cada alumno. Os martes e os mércores veñen á escola e o resto dos días búscanselle empresas onde facer prácticas. Trabállanse os comportamentos, aprender a saber estar, a respectar as normas e as esixencias do traballo que desenvolven. Hoxe estaban a completar un portfolio para facer un seguimento do seu traballo
No hay comentarios:
Publicar un comentario