viernes, 28 de octubre de 2022

Freixo

 Hoxe tocou xornada de despedida, os venres é un día a medio gas na escola porque boa parte do profesorado non ten clases os venres ou os luns, pero deu para engalanar o centro de Halloween e despedirnos dando as grazas por todo o compartido e aprendido.




 

jueves, 27 de octubre de 2022

Freixo

 Finalmente acabamos a mañá co profesor de xeografía e coordinador do Proxecto de Metereoloxía, observando un forno solar que xa chegou a acadar os 110º e máis unha fórmula que crearon dentro do proxecto IRINA, para detectar o risco de incendios e o risco de xeada; nunha colaboración entre o profesorado de matemáticas, tecnoloxía, xeografía e coa supervisión do departamento de metereoloxía da Universidade. 





 

Freixo

 Comprobamos que os espazos de traballo están ben dotados e organizados, a sala do profesorado.




 

Freixo

Hoxe estivemos coa profesora de Educación Especial, as nosas PT, falando da lei 54 do 2018 de inclusión da diversidade. A través dela fan as distintas adaptacións: medidas universais, selectivas. Traballan en equipo co profesorado de primaria, o gabinete de orientación e as familias. Adáptase o Currículo por completo ás necesidades do alumnado. 


 




 

miércoles, 26 de octubre de 2022

Freixo

 E finalmente vimos a estación sísmica do centro, un proxecto de Robótica e tecnoloxía, ademais dun antigo alumno que agora traballa en Microsoft.



 

Freixo

 O traballo do alumnado cóntase dentro do item de Actitudes e Valores, dentro da materia de Ética e ademais convócase un Premio de Mérito e Valor para elas e eles. 

Na Escola están a celebrar un congreso Internacional de Metereoloxía con carácter anual.



 

 

Freixo

 E pola tarde, asistimos á predición metereolóxica do Proxecto Meteo Freixo, onde o alumnado recolle os datos dunha estación metereolóxica, unha estación sísmica e da calidade do aire para os analizar e informar á comunidade escolar e á contorna.





 

 

Freixo

 E despois do Clube de Comunicação o Clube de Metereologia, primeiro entramos na clase do profesor de Xeografía, Sergio, quen estaba a explicar os medios de transporte marítimos, terrestres e aéreos con exemplos próximos, e con quen quedamos pola tarde para asistir ó Telexornal de Metereoloxía do MeteoFreixo.



Freixo

 Hoxe comezamos o día no Clube de Comunicação co profesor António Paiva e a profesora Cristina, os encargados. 




Explicáronnos a esturura do xornal, as seccións, as colaboracións co Xornal nacional Público ou Jornal de Notícias e lanzamos xa unha colaboración co noso Instituto!



 


martes, 25 de octubre de 2022

Freixo

 E finalmente estivemos a ver, e estiveron a nos explicar o funcionamento dun dos seus Proxectos,o Proxecto de Comunicación. Hai tres anos que comezou a andar a través do Xornal Dixital Comunica, o traballo é feito todo polo alumnado e trátase dun medio dixital  no que diariamente se mete contido. Cun formato do Word Press, créanse distintas seccións: desde A nossa língua, a Telejornal, Entrevistas, Podcast de Radio ou Teentalks onde o alumnado se reúne ó redor dunha mesa para debater sobre un tema do seu interese. Ademais este proxecto traballa coa Universidade, neste caso coa carreira de Xornalismo ó viren facer o mestrado exalumnas do centro á escola tendo o Xornal como tema de estudo.Unha práctica de lingua ben interesante!!

O Comunica alimenta a Web da Escola e está conectado co Facebook, Instagram ou Twiter.

COMUNICA: Jornal Digital 



 


Freixo

 Finalmente, antes da xornada da tarde, onde asistimos a unha clase de historia do último ciclo, estivemos nunha de lingua; nos últimos anos o profesorado detectou a dificultade que o alumnado tiña para redactar textos e decidiron atallar o problema con exercicios de escrita dende o 6º ano de Primaria. Neste caso o alumnado está a facer un texto crítico a través dun debuxo no Pinterest de Nobody un artista gráfica, cun esquema moi sinxelo de división en parágrafos. 


 

Freixo

 Sacamos tamén ideas para a nosa escola, para humanizala, como pintar as ventás a modo "vidreiras" ou rotular os espazos con distintos nomes. 

Ademais na cafetería non se vende máis que comida saudable, nada de gominolas ou aperitivos!



 


Freixo

Despois de Robótica, asistimos a unha clase de 

matemáticas onde puidemos ver os medios tecnolóxicos dos que dispoñen, o exercicio é feito en liña e a profesora controla todo o que alumnado fai nos seus ordenadores, material todo cedido polo Ministerio de Educación, o do alumnado e o do profesorado. As pizarras dixitais son de fácil manexo e moi intuitivas. 

Freixo

 O segundo día no Agrupamento de escolas do Freixo puidemos asistir á clase de Robótica, unha materia que teñen dende que en 2006 se creou o Clube de Robótica. Agora está como materia obrigatoria nos niveis que corresponden ó noso 6º e 1ºESO, integrada totalmente no currículo. Comezaron con placas de Lego e agora están a programar co Arduíno. Mesmo houbo un momento en que compartiron experiencias cunha empresa local que os fornecei de cortadoras láses e impresoras 3D. Hoxe teñen un Makerspace onde mesmo o alumnado trae as bicicletas para poderen arranxalas.



 

 

lunes, 24 de octubre de 2022

Freixo

 Un dos proxectos que teñen no centro é o de Comunicación, outro o de Meteo Freixo onde hai un Club de Metereoloxía.




 A Escola ten varias Salas Multimedia ben dotadas, mesmo foi pioneira a nivel de Portugal no 2017. 



 

Hoje começou o Erasmus no Agrupamento de Escolas do Freixo!

A chegada á Escola e a recepción por parte do Director Jorge Dias aclarounos o funcionamento, especializado na ABP 

 



Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...