O conto tratou sobre unha moza á que chamamos Abigail, pero cuxo nome puido ser calquera. A traxedia que cambiou a vida desta moza, os personaxes que a afectaron e o feito de que fomos decidindo os nomes destes, serviron para desenvolver unha conversación bastante profunda sobre a proxección e imposición de identidades, os estereotipos e os prexuízos que ás veces temos mesmo sen darnos conta.
É así como a imaxe dun home negro plantando árbores nun campo canadense, totalmente divorciada do seu contexto, pódese converter, para os ollos de moitos occidentais, no retrato dun refuxiado africano obrigado a traballar no sector agrícola, ou a dunhas mulleres sicilianas celebrando un festival relixioso nunha foto dunha manifestación reivindicativa en contra da explotación feminina.
Para acabar a sesión, o grupo tivo que formar unha fila no medio da aula. Isabel, a coordinadora, comezou a ler, detidamente, unha serie de declaracións curtas. Segundo o noso grao de acordo ou desacordo coas devanditas frases, tiñamos que ir desprazándonos cara a un lado ou outro da aula. Logo, pedíusenos que explicásemos a nosa postura sobre o tema da declaración. O resultado foi unha serie de conversacións bastante interesantes e reveladoras sobre nosas propias crenzas e maneiras de mirar á xente, os costumes e a vida en xeral.
Pola tarde, puidemos gozar dunha visita á próxima Florencia, berce do renacemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario