lunes, 28 de noviembre de 2022

O segredo da educación finlandesa

Aínda que o curso que se desenvolve durante esta semana (28novembro-4decembro), leve por título "The secret of finish education", xa estamos advertidos/as desde a primeira sesión: "Non existe ningún segredo, ningún código máxico que se poda tomar e exportar a outros sistemas con éxito". É, por tanto, un cúmulo de factores. 
O primeiro deles é o contexto, a sociedade onde se insiren estas medidas educativas. 
A sociedade finlandesa está construída sobre a CONFIANZA, e isto vese reflectido no propio sistema educativo. Existe unha confianza cara ao profesorado e a súa toma de decisións, mais tamén cara ao estudante, animándoo/a a desenvolver a súa AUTONOMÍA.

A isto hai que engadir o valor que lle confiren á RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS, é dicir, non importa tanto o coñecemento de información, senón como as persoas se desenvolven en diferentes situacións. E digo ben, "persoas" en lugar de nenos/as, xa que desde ben pequenos/as acadan tal grao de autonomía que son tratados como pequenos adultos. 
Por último, sinalar outro factor do que pouco ou nada podemos facer desde os institutos, o factor ECONÓMICO. O investimento en educación é notable, e non só nas instalacións e no equipamento, senón tamén no número de docentes por alumno/a, o que afecta á RATIO de cada aula.

Non está nada mal para ser o primeiro día! Deunos moito en que pensar ata a sesión de mañá, onde, alén de clase poderemos gozar dunha pequena visita pola cidade!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...