Creatividade e pensamento crítico aplicado na aula.
PALERMO 5/11/2022-13/11/2022
PRIMEIROS DÍAS:
No curso participamos catro docentes, Ana de Boiro ( profesora de bioloxía), María de Santiago, (profesora de galego,) Karina de Letonia, profesora de inglés e máis eu, Rebeca de Ourense, (profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual).
Palermo foi a cidade de encontro, unha cidade da rexión de Sicilia , no sur de Italia, con moita historia, historia que descubrimos cada día grazas a Daria e a Anna, as nosas profesoras que nos ensinaron con moito entusiasmo a sua perspectiva da cidade ,Daria é siciliana, do sur da illa, concretamente de Agrigento e Anna, bielorrusa, leva 4 anos en Palermo . Dous polos opostos pero moi enriquecedores.
O primero día fixemos un tour para familiarizarnos ca cidade, visitamos a Catedral de Palermo de forte estilo oriental debido principalmente ao seu patio interior cheo de palmeiras. A patrona de Palermo é Santa Rosalía, santa a que está adicada a catedral. En xullo de 2015, o conxunto «Palermo árabe-normando e as catedrais de Cefalú e Monreale» foi incluído na lista do patrimonio da Humanidade pola Unesco.Unha verdadeira marabilla. Palermo é unha cidade fascinante, chea de contrastes é unha xoia cuberta do po da historia, das desgrazas que reportaron os desastres naturais en forma de terremotos, e do lastre que provocaron a especulación inmobiliaria, a miseria e o paro ou os crimes da mafia. Ao final se obviamos estes apuntamentos que non explican a totalidade da realidade palermitana, atoparémonos cunha asombrosa cidade, repleta de pedras con historia, unha amálgama de retales que forman o gran quebracabezas que é a cidade.
Qué traemos na nosa mochilas? Qué medos? Qué podemos aportar? Qué expectativas traemos?
Esta foi a primera tarefa que Anna própuxonos para ter un punto de partida. Debuxamos a nosa mochila e comezamos a activar a nosa creatividade. 🧠 🖌
Qué cualidades ten que ter o profesor ideal? |
As tarjetas Dixit axudaron a por en imaxes os nosos dicursos, ferramenta moi util para as nosas clases. Todas imos a nacernos con elas. Qué ilustración mais bonitas! E que fácil é así ilustrar as cosas emocións. |
O segundo día fixemos outra visita por Palermo, visitando outra parte da cidade e descubrindo o interior de lugares que deixáronnos ca boca aberta.
As actividades que Anna preparou para esta sesión estiveron repletas de relacións entre palabras, imaxes , preguntas. Canto aprendemos ese día! Ademais o ambiente entre nós foi magnífico o que permitiu aprender moito mais. Estou segura que todo esto levareino a aula.😀
Como podes unir eses oito puntos solamente utilizando catro liñas rectas, a solución foi clara, sae da túa zona de confort! Pensa fora da caixa! Qué magnífica metáfora.
O día rematou con un aperitivo. O aperitivo en Italia non é o mesmo que en España. " A apericena" como o seu nome indica é despois do traballo pola tarde e cunha bebida compartes típica comida italiana Un momento magnífico para seguir pondo en común tantas experiencias. 😍 Gracias Daria por descubrirnos a marabillosa lingua que é o siciliano.
Aprendemos varias novas metodoloxías onde aplicar esa fonte inagotable |
Debuxando, escribindo, e sobre todo compartindo. |
Estes crucigramas axudáronnos a repasar conceptos anteriores. Ferramentas mais lúdicas para aprender.
Para qué pode servir un clip? Nos fixemos unha colección de xoieria pero as posibilidades son infinitas. |
Os seis sombreiros de pensamento. Actividade foi completa que fai adoptar un papel nun grupo para solventar un proxecto cooperativo. Sen dúbida esto será unha gran ferramenta para o alumnado. |
Ana e María explicando como é o seu intituto de Boiro, qué cousas mais interesantes fan!💖 |
En Cefalú rematando un día inolvidable |
No hay comentarios:
Publicar un comentario