A clave parece estar nun dos seus lemas "Play to Learn". Hoxe asistimos a una charla dun dos profesores de inglés máis destacados non só da cidade, senón do país. Explicounos as razóns do que para nós aínda nos parece unha utopía. Un dos motivos polos que os rapaces rematan o seu periodo escolar falando inglés é que nesta escola non teñen dous anos de bacharelato, senón que teñen tres. No primeiro deses tres anos os rapaces adican todo o curso a una especie de inmersión lingüística na que teñen aproximadamente 8 horas da semana dedicadas ao alemán, 12 horas de inglés, 5 de educación física e despois unhas poucas máis repartidas entre matemáticas historia húngaro e IT. É despois cando pasan a facer un bacharelato normal.
Outra das claves do éxito lingüístico de Hungría é a aplicación dun sistema basado na gamificacion, non só á hora de traballar na aula, senón tamén á hora de avaliar. As claves deste sistema consisten en non utilizar exames e notas como tales, senón na obtención de puntos que mais tarde pasan a ser notas, na consecución de obxectivos por períodos de tempo, na autocrítica e no feedback estudante-profesor.
Unha das cousas que se conseguen así é que o alumnado esté motivado e teña ganas de aprender por sí mesmo, ao seu ritmo. Unha queda pensando se este sistema sería aplicable no noso país, onde as ratios son bastante máis elevadas que aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario