Luns, 5 de decembro de 2022
Como é un primeiro día nunha clase de inglés en Edimburgo?
Comezamos o noso primeiro día de curso cun gran café para entrar en calor.
Ao rematar poñémonos camiño á escola. Alí esperannos grandes momentos e aprendizaxes.
Primeira clase da mañá, Yana de orixe Ruso e profesora de inglés, Julio nativo de Guatemala e eu, estivemos practicando speaking, describindo lugares, monumentos e diferentes hábitos de vida dos nosos países.
Eu, Marta coñezo a Mark, meu profesor de inglés nativo de Escocia, e as miñas compañeiras Lorena, Katherina e Raquel que son de Chile, Ucraína e de Burgos respectivamente. Comezamos debatindo diferentes temas da actualidade, como o coronavirus e lendo diferentes noticias de periódicos escoceses. Foi moi interesante compartir ideas coas miñas compañeiras!
Ás 12:00 toca o break, o horario coma as súas costumes parécennos moi diferentes ao noso. A hora de comer, ou lunch, é un período de tempo moi breve e a comida parécese máis ben ao noso aperitivo de media mañá. Explícannos que, ao contrario que en España, aquí as comidas máis grandes son o almorzo e a cena.
Pola tarde realizamos o “get together” para coñecerse un pouco máis e… Soltámonos a falar en inglés!!!
Conselliño do día, palabras que se din diferentes en Escocia:
Non digas beautiful, di “bonnie”.
Yes, en Escocia é “aye”.
Ou small, máis ben é “wee”.
Os escoceses non din old, eles o expresan coma “auld”.
Cando queiras chamar por un amigo, non o menciones ca palabra friends, utiliza ”pal”.
Edimburgh, unha cidade fascinante…
Edimburgo é unha cidade que pode presumir de ter dous centros históricos: o Old Town, con 3.000 anos de historia, e a New Town, con 250 anos de historia; pero unha non se pode entender sen a outra. Foron nomeadas Patrimonio da humanidade pola UNESCO no ano 1995 e ben o tamén merecido. Unha cidade encantada e encantadora, e non teñas a menor dúbida de que a querrás volver visitar.
Pero, de onde provén a palabra Edinburgh?
Xa na Idade Media, Edimburgo comezou sendo un pequeno forte que, no século VII, os ingleses capturaron e déronlle o nome de Eiden’s burgh. Burgh é unha palabra que antigamente significaba “forte”. Non foi ata o século X cando os escoceses recuperaron esta zona de Escocia.
Have a nice day and see you tomorrow!
No hay comentarios:
Publicar un comentario