Asistimos hoxe a unha clase de IT (debe ser algo así como informática e tecnoloxía). A profesora ía dando instrucións do que había que conseguir, sen chegar a entrar ao detalle, e o alumnado intentábao conseguir, cada un co seu dispositivo.
Chamounos a atención a autonomía coa que se desenvolvían a maioría, trabajando cada un no seu proxecto. Tamén houbo un par de casos nos que se fixo necesaria unha chamada á orde, pero en ningún caso houbo un seguimento deste grupiño polo resto do alumnado.
A idade dos alumnos e alumnas situábase no entorno dos 15 anos e a clase desenvolveuse integramente en inglés, incluídas a chamadas de atención. Porén, é de notar que este é o primeiro curso do "Bacharelato bilingüe" e que as instrucións que se daban eran en xeral moi simples, así como o vocabulario utilizado, moi propio das novas tecnoloxías e moi xeral en todas as linguas. Como nos dixeron, neste primeiro curso a prioridade é que o alumnado domine correctamente o idioma, antes de entrar en materia que requira dunha linguaxe e un vocabulario máis complexos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario