miércoles, 13 de enero de 2021

Benvida

 Benvidos/as ao blog do programa Erasmus+ acción clave KA101 de mobilidade de profesorado do IES Xesús Taboada Chivite!




 De abaixo arriba e de esquerda a dereita César Sánchez (director), Jose P. Rolán (coordinadora de programas Erasmus+), Juan Manuel Cid (profesor de matemáticas), Silvia Cid (xefa de departamento de lingua castelá e literatura), Nuria Trigueros (xefa de departamento de Física e Química), Paula Páramo (profesora de matemáticas), Lucía Rúa (orientadora), Iago Rodríguez (profesor de francés), Puy Goyache (profesora de relixión católica) e Beatriz Domínguez (profesora de lingua castelá e literatura).



O  programa Erasmus+ Acción clave KA101 no IES Xesús Taboada Chivite

O programa Erasmus+ é un programa subvencionado pola Comisión Europea para a educación e formación dos cidadáns da Unión. En particular, o programa KA1 está específicamente eiseñado para o profesorado e outros membros do persoal educativo. Esta bolsa outórgase tanto ao profesorado como ao persoal administrativo dun centro que, por diversas razóns, necesitan recibir certo tipo de formación lingüística, metodolóxica ou de xestión. 


O equipo de profesorado Erasmus+ do noso centro solicitou na convocatoria 2020 un proxecto Erasmus+ dentro da acción clave KA101 titulado "Opening2Diversity." Dito proxecto foi seleccionado polo Servizo Españo para a Internacionalización da Educación (SEPIE) en maio de 2020 e abrangue dous cursos académicos: 2020-2022.

Debido a situación sanitaria na que nos atopamos o comezo do programa foi adiado a 31 de decembro de 2020 e durante dous cursos académicos desenvolveranse 5 cursos estructurados sobre metodoloxía CLIL, organización escolar, aplicacións innovadoras en ciencia  necesidades educativas especiais, educación inclusiva e aula do futuro; e 6 estadías de observación en países coma Irlanda, Dinamarca, Francia, Finlandia e Hungría.


Con este programa o IES Xesús Taboada Chivite pretende aumentar a dimensión europea do centro a través de intercambio de experiencias entre profesorado de diversos países para afianzar o que o centro xa ven facendo: mellorar a convivencia escolar, promover a igualdade de xénero, reducir a taxa de abandono escolar; en definitiva: favorecer a inclusión real de todo o alumnado. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...