jueves, 1 de diciembre de 2022

Afiliación e Inclusión

Tras o "wrap-up", centrámonos na teoría da discriminación, cuxa definición se podería dar de forma concisa como prexuízo + acción e que a miúdo atopamos en dous modos: directa (mediante políticas e comportamentos) e indirecta (mediante códigos sutís que exclúen ao outro). 



Visualizamos un TED Talk da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie sobre os perigos de reducir a identidade doutras persoas a un único detalle ou unha soa opinión ou idea (un só conto) e dedicamos un tempo á análise dos nosos propios contextos e a como podiamos aplicar de maneira directa co noso alumnado as ideas desta escritora.


Logo, fixemos unha deconstrucción da idea do privilexio para entender mellor o concepto e pensar sobre os privilexios dos que gozamos como occidentais modernos. Pasamos moito tempo conversando honestamente sobre que significa ser un privilexiado e como podiamos usar ese privilexio para axudar, mesmo con pequenos cambios, aos menos privilexiados. Tamén tocamos o tema dos límites da inclusión e se quizá estabamos a errar no noso bienintencionado intento de cumprir coas necesidades de todo mundo en todo momento.

A segunda metade da sesión tratou de maneira lúdica a afiliación e inclusión.

Nun primeiro xogo, o do forasteiro, pediuse a un membro do grupo saír mentres que o resto dividiámonos/dividiámosnos en bandas máis pequenas, cada unha definida por unha característica particular. Despois, o membro excluído volveu entrar e tivo que adiviñar, mediante unha serie de preguntas de si/non, que característica definía cada grupo e a que grupo pertencía por esa característica compartida. Déuselle a cada xogador a oportunidade de expresar como sentiu ao verse obrigado a afiliarse a un grupo identitario e ao non saber en que grupo podía encaixar nin por que. Moitos experimentamos unha sensación de estrés e de temor ao vernos expostos diante do grupo ao ter que revelar aspectos máis íntimos das nosas vidas e das nosas identidades para atopar noso "clique", algo que obviamente se asemella moito á experiencia diaria do noso alumnado adolescente.

No último xogo repartíronse unha serie de proxectos con obxectivos moi concretos ("tasks") aos diferentes equipos e déullenos un tempo específico para conseguir cumprir todos eses obxectivos, coa dificultade engadida de que cada membro do equipo menos un debía adoptar un hándicap (un cego, un manco, un mudo e un que só podía falar na súa lingua nativa). O obxectivo real do xogo era realizar todos os proxectos da forma máis inclusiva posible, integrando de forma plena a cada membro do equipo e traballando de maneira cooperativa para que eses hándicaps non fosen defectos, senón apoios. Un dos tasks consistiu, por exemplo, en que todos os membros do grupo aprenderan unha canción na lingua do que non se lle permitía falar inglés e que grabaran esa canción durante un mínimo de 30 segundos.

Acabamos a sesión cunha conversación sobre a nosa experiencia como discapacitados e cun "brainstorming" sobre técnicas e estratexias para incluír e integrar ao alumnado con diferentes capacidades físicas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...