Rompendo cos esquemas establecidos, empezamos este día sen un "wrap up", centrándonos, polo contrario, na idea do conflito e a creación dunha aula inclusiva.
Visualizamos un curto animado sobre o conflito para logo tentar crear nosa propia definición deste fenómeno. A isto seguiulle un pequeno "brainstorming" sobre se o conflito sempre era malo ou se podiamos atopar algún exemplo dunha situación na que o conflito podía servir de ponte á creación de algo mellor.
Despois, miramos un último TED Talk sobre a beleza do conflito.
Pasamos o resto da mañá co tema de como manexar os conflitos segundo a teoría dos psicólogos Kenneth Thomas e Ralph Kilmann (The Thomas-Kilmann Conflict Mode Instrument), que recoñece cinco estratexias básicas para lidar cun conflito, con cada estratexia servindo unha función específica nun contexto específica e ningunha sendo exclusivamente boa nin exclusivamente mala.
Como última actividade do día, dividímonos en pequenos equipos e tentamos usar o modelo Thomas-Kilmann para resolver exemplos de conflitos reais cos que nos atopabamos na aula, cambiando os detalles para ver como cada unha das cinco estratexias resolvería o conflito e decidindo, finalmente, cal sería as máis adecuada segundo cada resultado. Este exercicio resultou ser extremadamente provechoso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario