miércoles, 7 de diciembre de 2022

Novas aventuras por Edinburgh and improving our English!


Mércores, 7 de decembro de 2022

Ready, steady, go!!

Comezamos a mañá en clases de inglés, mellorando as nosas habilidades e debatindo diferentes temas da actualidade como o brexit ou o mundial de fútbol e lemos as principais novas dos xornais locais. Unha moi boa forma de coñecer mellor Edimburgo! Tamén practicamos a lectura en inglés con clásicos como Harry Potter, melloramos a nosa pronunciación e descubrimos algunas diferenzas que hai no inglés escocés coma a pronunciación moi marcada do R nalgunhas palabras. Foi un día moi productivo!











Nacional Museum of Scotland

Gustaríanos comenzar destacando que a entrada a este e outros moitos museos é gratuíta polo que nos sorprendeu o gran acceso á cultura que teñen os escoceses. Non soamente xente doutros lugares se non que moita xente local atópabase no museo enriquecéndose de toda a información que alí se alberga.

Naturaleza, culturas, arte e deseño, ciencia e tecnoloxía… A súa magnífica galería, pezas de xadrez da Illa de Lewis.. E fixémoslle unha visita a ovella Dolly, o primeiro mamífero clonado! 






Dean Village, un oasis na cidade. 

Coñecemos unha nova zona de Edimburgo chea de historias incríbles. Moi preto do corazón da cidade atópase esta pequeña vila. 

Anteriormente, foi un lugar onde aproveitaban a auga do río para moer o trigo. No corazón desta aldea hai un gran edificio, o Well Court, construído en 1880  que albergaba a traballadores locais os cales traballaban nos muíños de agua. Esta área no século XIX comezou a diminuír debido a que se modernizaron e construíron grandes muíños no río Leith polo que o comercio en Dean Village desapareceu. Durante moitos años esta zona estivo relacionada coa pobreza e tivo o seu punto máis baixo en 1960. Soprendentemente, a partir dos anos 70 esta zona revalorizouse porque a xente de Edimburgo buscaba paz e Dean Village era un oasis de tranquilidade así que foi remodelada e reconstruída e converteuse nunha zona residencial bastante cotizada.



Inmersión cultural por Edimburgo

Martes, 6 de decembro de 2022

¡Un novo día comeza en Edimburgo! Comezamos o día practicando inglés e aprendendo moitas cousas. 

Ao rematar as clases toca facer os deberes e que mellor que acompañadas cun quentiñó e típico té inglés.

Presentámosvos a Bobby!

Tamén queremos presentarvos a Bobby, un can de raza Skye Terrier. Foi o compañeiro inseparable do policía John Gray ata que faleceu de tuberculose en 1858. Cando foi enterrado no cementerio de Greyfriars, Bobbynon se moveu da súa tumba. Permaneceu alí 14 anos ata que faleceu.



Na rúa de Royal Mille atópase a estatua de David Hume, un dos maiores filósofos do mundo, única estatua da cidade na que o seu pé dereito brilla e está dorado coma se estivese pulido. Os escoceses responderían: Este é o dedo da sorte! 
Os estudantes da cidade veñen a visitalo antes dos exames.

Acompañando a Hume está Adam Smith, que desenvolve os principios do capitalismo, ou James Braidwood, pioneiro dos bombeiros modernos e un dos responsables da profesionalización desta profesión, entre outras moitas estatuas.

martes, 6 de diciembre de 2022

Alumnado autónomo e teléfonos castigados

De novo chamoume a atención o alto grao de autonomía que mostra o alumnado. Hoxe con alumnos e alumnas do último curso do "Bacharelato bilingüe" (uns 18 anos de idade). Nunha clase de "informática" foron suficientes unhas poucas palabras sobre un novo programa a usar (Google sites) para que se puxeran xa a traballar xa inmediatamente con el. Como mostra, na imaxe, todo o que nesa hora a alumna escribíu no encerado.
Casualmente, tamén me chamou a atención esa especie de bolsiñas bermellas que aparecen á esquerda. Polas datas nas que nos atopamos, calquera podería pensar que son para que algún ser máxico (ou non tan máxico) deixe agasallos para todos e todas. Pero non. Aí é onde hai que deixar os teléfonos cando se usan de maneira inadecuada. Castigados ata polo menos o final da hora.

Xogar para aprender

Cal é un dos motivos polos que os rapaces húngaros acaban bacharelato cun bo dominio do inglés?
A clave parece estar nun dos seus lemas "Play to Learn". Hoxe asistimos a una charla dun dos profesores de inglés máis destacados non só da cidade, senón do país. Explicounos as razóns do que para nós aínda nos parece unha utopía. Un dos motivos polos que os rapaces rematan o seu periodo escolar falando inglés é que nesta escola non teñen dous anos de bacharelato, senón que teñen tres. No primeiro deses tres anos os rapaces adican todo o curso a una especie de inmersión lingüística na que teñen aproximadamente 8 horas da semana dedicadas ao alemán, 12 horas de inglés, 5 de educación física e despois unhas poucas máis repartidas entre matemáticas historia húngaro e IT. É despois cando pasan a facer un bacharelato normal.
 Outra das claves do éxito lingüístico de Hungría é a aplicación dun sistema basado na gamificacion, non só á hora de traballar na aula, senón tamén á hora de avaliar. As claves deste sistema consisten en non utilizar exames e notas como tales, senón na obtención de puntos que mais tarde pasan a ser notas, na consecución de obxectivos por períodos de tempo, na autocrítica e no feedback estudante-profesor. 
Unha das cousas que se conseguen así é que o alumnado esté motivado e teña ganas de aprender por sí mesmo, ao seu ritmo. Unha queda pensando se este sistema sería aplicable no noso país, onde as ratios son bastante máis elevadas que aquí.

lunes, 5 de diciembre de 2022

Que nos amosa Edimburgo?



Luns, 5 de decembro de 2022


Como é un primeiro día nunha clase de inglés en Edimburgo?



Comezamos o noso primeiro día de curso cun gran café para entrar en calor. 


Ao rematar poñémonos camiño á escola. Alí esperannos grandes momentos e aprendizaxes.



Primeira clase da mañá, Yana de orixe Ruso e profesora de inglés, Julio nativo de Guatemala e eu, estivemos practicando speaking, describindo lugares, monumentos e diferentes hábitos de vida dos nosos países.



Eu, Marta coñezo a Mark, meu profesor de inglés nativo de Escocia, e as miñas compañeiras Lorena, Katherina e Raquel que son de Chile, Ucraína e de Burgos respectivamente. Comezamos debatindo diferentes temas da actualidade, como o coronavirus e lendo diferentes noticias de periódicos escoceses. Foi moi interesante compartir ideas coas miñas compañeiras!


Ás 12:00 toca o break, o horario coma as súas costumes parécennos moi diferentes ao noso. A hora de comer, ou lunch, é un período de tempo moi breve e a comida parécese máis ben ao noso aperitivo de media mañá. Explícannos que, ao contrario que en España, aquí as comidas máis grandes son o almorzo e a cena.



Pola tarde realizamos o “get together” para coñecerse un pouco máis e… Soltámonos a falar en inglés!!! 


Conselliño do día, palabras que se din diferentes en Escocia: 

  • Non digas beautiful, di “bonnie”.

  • Yes, en Escocia é “aye”.

  • Ou small, máis ben é “wee”.

  • Os escoceses non din old, eles o expresan coma “auld”.

  • Cando queiras chamar por un amigo, non o menciones ca palabra friends, utiliza ”pal”.



Edimburgh, unha cidade fascinante… 


Edimburgo é unha cidade que pode presumir de ter dous centros históricos: o Old Town, con 3.000 anos de historia, e a New Town, con 250 anos de historia; pero unha non se pode entender sen a outra. Foron nomeadas Patrimonio da humanidade pola UNESCO no ano 1995 e ben o tamén merecido. Unha cidade encantada e encantadora, e non teñas a menor dúbida de que a querrás volver visitar.


Pero, de onde provén a palabra Edinburgh?

Xa na Idade Media, Edimburgo comezou sendo un pequeno forte que, no século VII, os ingleses capturaron e déronlle o nome de Eiden’s burgh. Burgh é unha palabra que antigamente significaba “forte”. Non foi ata o século X cando os escoceses recuperaron esta zona de Escocia.


Have a nice day and see you tomorrow!


Nunha aula de IT

Asistimos hoxe a unha clase de IT (debe ser algo así como informática e tecnoloxía). A profesora ía dando instrucións do que había que conseguir, sen chegar a entrar ao detalle, e o alumnado intentábao conseguir, cada un co seu dispositivo.
Chamounos a atención a autonomía coa que se desenvolvían a maioría, trabajando cada un no seu proxecto. Tamén houbo un par de casos nos que se fixo necesaria unha chamada á orde, pero en ningún caso houbo un seguimento deste grupiño polo resto do alumnado.
A idade dos alumnos e alumnas situábase no entorno dos 15 anos e a clase desenvolveuse integramente en inglés, incluídas a chamadas de atención. Porén, é de notar que este é o primeiro curso do "Bacharelato bilingüe" e que as instrucións que se daban eran en xeral moi simples, así como o vocabulario utilizado, moi propio das novas tecnoloxías e moi xeral en todas as linguas. Como nos dixeron, neste primeiro curso a prioridade é que o alumnado domine correctamente o idioma, antes de entrar en materia que requira dunha linguaxe e un vocabulario máis complexos.

sábado, 3 de diciembre de 2022

E Chegou o Fin

Pechamos o curso cun último "wrap up" a modo de resumo de todo o que fixeramos e aprenderamos.


Despois, participamos na cerimonia de entrega de certificados e dedicamos o resto do día a excursións culturais pola cidade.











Matemáticas no último ano do Bacharelato

Tamén no último curso do Bacharelato, e inda que logo terán uns exames globais nacionais, aquí seguen a traballar moito co gran grupo. De fe...